Medalla Timoshenko (Timoshenko Medal) | |
---|---|
Stephen Timoshenko, inspirador e primeiro receptor da Medalla Timoshenko | |
Outorgada pola Asociación Norteamericana de Enxeñeiros Mecánicos (ASME) | |
Tipo | Recoñecemento |
Graos | Único |
Lema | For distinguished contributions to Applied Mechanics |
Elixibilidade | Persoas dedicadas á investigación en Mecánica Aplicada. |
Descrición | Medalla de bronce. |
Estadísticas | |
Establecida | 1957 |
Primeira outorgada | 1957 |
Última outorgada | Concesión anual vixente. |
Premiados | Ver listaxe no artigo. |
A Medalla Timoshenko é un recoñecemento que se lles concede aos investigadores que destaquen polas súas salientables contribucións á mecánica aplicada, instituído en 1957 pola Sociedade Norteamericana de Enxeñeiros Mecánicos (ASME).[1]
Trátase dun dos premios de máis sona internacional na área da mecánica técnica e foi establecido en memoria de Stephen Timoshenko, enxeñeiro ucraíno-norteamericano considerado como o pai da enxeñaría mecánica moderna. O premio consiste nunha medalla de bronce, un certificado e dous mil cincocentos dólares en metálico. O investigador agraciado pronuncia o seu discurso no ano correspondente á recepción da medalla na reunión anual da ASME.[2]